Concellos

Iglesias pide aseos e vestiarios para Testal

Dende o PSOE noiés tamén instan á Xunta a axilizar o plan director de saneamento da ría

  • 19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O portavoz do grupo municipal dos socialistas de Noia, Roberto Iglesias, mantivo unha xuntanza no Parlamento galego co vicesecretario do PSdG, Pablo Arangüena, e ca diputada Noa Díaz, para tratar diferentes problemas existentes no concello.

O voceiro do PSOE noiés solicitou que dende o grupo parlamentario se inste á Xunta de Galicia a axilizar a redacción do plan director de saneamento da ría e facer públicos os resultados, “para poder comezar a acometer as melloras necesarias, para eliminar os puntos de vertidos e que se depuren a totalidade das augas da vila”.

O concelleiro considera incomprensible que unha localidade “onde o seu principal motor económico é o marisqueo siga vertendo as súas augas sen depurar nun porcentaxe moi alto, co risco de contaminación que iso supón”. Por iso, dende a citada formación cren que mellorar a calidade das augas “é imprescindible”, e suporía un primeiro paso para “poder recuperar máis superficie e ampliar a capacidade extractiva dos bancos marisqueiros actuais, que xeran emprego para máis de 1500 familias na comarca”, puntualizó.

Asemade, Roberto Iglesias pediu que se habiliten novos vestiarios e aseos para os traballadores e traballadoras do mar, así como unha zona para estacionar os vehículos. Dúas carencias que “co inicio da campaña marisqueira todavía non foron resoltos”, sinalou ao respecto.

Por outra banda, o edil noiés abordou con Arangüena e Díaz o inicio do curso escolar e a preocupación ante a falla de previsión do goberno autonómico. Un dos asuntos concretos que lles comentou “foi a supresión por parte da Consellería de Educación de dúas paradas do transporte escolar que se viñan utilizando dende fai anos, e que afectan ao alumnado do CEIP Felipe de Castro”.

Iglesias afirma que a súa eliminación “supón un prexuízo ás familias afectadas complicando a conciliación das mesmas e, nalgúns casos, recaendo en persoas maiores o traslado ao centro do alumnado, tendo que subir unha costa moi pronunciada”, dixo.

Tema marcado como favorito