Concellos

Impulso á formación marítima

Rosa Quintana dixo en Ribeira que as contías asignadas a este ámbito nos orzamentos da Xunta medraron máis dun 4%

  • 26 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Para asegurar o futuro é importante adecuar a formación ás súas necesidades. Nesa liña, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo onte de relevo a aposta do Goberno galego pola formación marítimo-pesqueira coa finalidade de acadar a remuda xeracional no sector, unha aposta que se materializa, segundo explicou, en diferentes eidos como o orzamentario.

Fíxoo durante a visita que realizou á Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, onde sinalou que este ano as contías asignadas a formación no orzamento da Consellería que preside medraron máis dun 4 % con 9,7 millóns de euros, o que supón a maior cifra da última década.

Neste cometido de acadar a aprendizaxe axeitada, engadiu a representante do Executivo autonómico, tamén é necesario “dotar aos centros de profesionais cualificados e dos equipamentos necesarios para obter unha formación competitiva e seguir sumando novos titulados”. E, en canto ás matrículas na formación regrada (ciclos formativos) dos centros dependentes da Consellería do Mar, salientou que a media anual de persoas matriculadas medrou nun 60% nesta década en relación ao período 2005-2009.

Outro dos aspectos desta aposta que expuxo Quintana é o da defensa que realiza Galicia ante a Unión Europea de medidas que fagan atractiva a actividade.

escola A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira comezou a funcionar en maio de 1993, ten como misión impartir ensinanzas marítimo-pesqueiras nas ramas de ponte e máquinas e fornece de man de obra ás empresas do sector e a outras en terra. Dispón de aulas ordinarias e taller de artes e aparellos, seguridade, primeiros auxilios, electrónica, soldadura e motores.

Asemade, conta con laboratorio e biblioteca, simuladores de navegación, pesca, comunicación, frío ou máquinas e outros máis recentes como salón de actos e aula de pesca sustentable. A media de alumnado que se matricula na formación regrada deste centro por curso é dunhas 95 persoas, unha cifra que este curso se está a superar.

Tema marcado como favorito