Concellos

Lalín recibe a visitantes de varios países atraídos polos recursos turísticos

Begoña Blanco fixo balance das accións que está a promover a súa concellería para dar a coñecer os tesouros da capital dezana

  • 27 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A concellería de Turismo de Lalín, que dirixe Begoña Blanco, fixo público o balance destes primeros meses do ano en canto a promoción dos recursos turísticos do concello, e explicou que o seu departamento fixo nestes meses accións de promoción turística para dar a coñecer os recursos e fomentar o atractivo turístico do municipio.

Entre elas destacou a Feira do Cocido do 24 de abril, o programa Coñece o teu concello, dirixido aos centros educativos, e o II Concurso de Fotografía realizado entre o 11 de maio e o 26 de xuño, no que os participantes enviaron as súas fotos, “todas feitas a recursos turísticos ou eventos no municipio e todas reais, sen retoques”, explicou.

Tamén se levaron a cabo accións de promoción fóra do concello para, deste xeito, darse a coñecer. Entre elas destácase as feitas en Expocidades, celebrada en Ferrol, e na Feira Internacional Semana Verde en Silleda.

Por outra banda e segundo indica a concelleira, “a demanda de información adoita ser bastante xenérica”. Blanco destaca que os temas que máis interesan aos visitantes son a natureza, a gastronomía e o patrimonio.

En liña con isto, pasaron pola oficina de turismo municipal 72 visitantes dende o 3 de maio ao 19 de xullo, dos cales a maioría eran españois. “Aínda así, tamén se debe destacar que “os estranxeiros que nos visitaron en ambos meses eran peregrinos procedentes de Alemaña, Portugal, EEUU, Suíza ou Reino Unido”, dixo. A concelleira tamén afirmou que “no que levamos de xullo está habendo un cambio de tendencia e aproximadamente o 60 % dos visitantes que son estranxeiros xa veñen visitar familiares”.

Ao longo destes meses tamén acudiron visitantes ao concello co gaio dalgún evento, como o Lalín Bike Rice, o Noceda Rock ou o Clarinet Fest, e que aproveitan para coñecer a zona. Neste eido, as idades que se están a barallar oscilan entre 35 e 65 anos.

Pola súa banda, a concellería de Turismo levou a cabo distintas actividades co obxectivo da potenciación cultural no concello en colaboración con diferentes asociacións, así como o Museo Etnográfico e a Casa do Patrón, ou con Roteiros de Lalín, pola súa labor na recuperación e posta en valor dos vellos camiños e dos elementos patrimoniais existentes nos seus percorridos.

Finalmente, Blanco destacou o labor do Museo Ramón María Aller, visita obrigada en Lalín e que amosa diferentes mostras artísticas, sobre todo de Laxeiro. Nestes momentos exhíbense as exposicións dos premiados no concurso de fotografía e a de Fondevila, e a partir do 5 de agosto comezará a de Algarabía.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.