Concellos
MAR. Trátase dun itinerario guiado e sinalizado que percorre as principais zonas de extracción // O Concello, promotor da iniciativa, reforza así o atractivo turístico TEXTO Manuel Lavandeira

Laxe valoriza o seu percebe cunha ruta pola franxa costeira

  • 28 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, percorreron este luns unha parte do itinerario da Ruta do Percebe de Laxe, un novo atractivo turístico dinamizador da economía local. O proxecto, promovido polo Concello laxense e apoiado economicamente pola Xunta ao abeiro dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), consiste na habilitación dun itinerario guiado e sinalizado que percorre as principais zonas de extracción deste crustáceo, poñendo en valor a beleza dos espazos naturais que atravesa. Trátase dun percorrido de aproximadamente 3 quilómetros que discorre por lugares de gran valor paisaxístico, como o faro de Laxe.

A actividade compleméntase con contidos promocionais, en tres idiomas, accesibles a través de códigos QR, a colocación dun tótem na oficina de turismo e coa edición de dípticos. Recibiu unha axuda de preto de 14.000 euros no marco da convocatoria deste ano de achegas aos proxectos dos GALP, na que se aprobaron 144 iniciativas.

Alfonso Rueda subliñou que esta ruta se suma a outras iniciativas vencelladas á cultura marítima galega e aos labores de extracción de marisco que espertan un grande interese entre os visitantes, o que supón un valor engadido para os seus territorios. O vicepresidente primeiro, ademais, puxo a Costa da Morte como exemplo do modelo turístico vencellado á natureza que demandan os visitantes e que tan bos resultados está a dar en Galicia.

Os seus atractivos, engadiu, son moitos e coinciden co modelo sustentable de calidade que persegue a Xunta e que esixen os fondos europeos destinados ao turismo, no marco do que se vai desenvolver o Plan Territorial do Litoral, a través do que se impulsará a posta en valor dos recursos e dos produtos turísticos da costa galega. Eventos como O naufraxio de Laxe, festa de interese turístico de Galicia, que se suma a outras nove festas recoñecidas a nivel autonómico en diferentes puntos da Costa da Morte, engaden un plus a outros valores naturais da contorna como a paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, a Ruta dos Faros ou a rede Eurovelo.

A conselleira do Mar, pola súa banda, salientou que a ruta do percebe de Laxe “é un exemplo dos bos froitos que dan os proxectos dos GALP, neste caso da Costa da Morte”. Subliñou ademais que o Concello de Laxe pretende que sexa un atractivo turístico e de dinamización da economía local e tamén incrementar o valor en lonxa dos produtos de pesca costeira artesanal, principalmente do percebe.

O protagonista
“Costa da Morte recibiu 122.000 viaxeiros”
Alfonso Rueda
Vicepresidente da Xunta

“Galicia está de moda e a Costa da Morte está de moda”, dixo Rueda en relación aos datos turísticos que sitúan á Comunidade autónoma galega á cabeza da recuperación turística en España. A Costa da Morte, coa cifra de 122.000 viaxeiros aloxados nos seus hoteis no que vai de ano e con preto de 211.000 noites, sitúase en niveis similares aos de hai dous anos, antes da pandemia, segundo indicou o vicepresidente primeiro.

Rueda e Quintanas estiveron acompañados polo alcalde anfitrión, José Luis Pérez, e os seus homólogos de A Laracha, Cabana, Malpica e Santa Comba; o patrón maior, Manuel Villar; o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González; e o fotógrafo Luis Polo, autor das imaxes que ilustran os paneis.

{ Pasaba por aquí }
Diversificar para crecer
Manuel Lavandeira

Sumar y diversificar para seguir creciendo y reafirmándose como referente turístico de Costa da Morte. Esos son los objetivos de la nueva ruta turística habilitada por el Concello de Laxe, en unión con la cofradía local, la cual además servirá para revalorizar los exquisitos percebes que se extraen en sus batidas rocas. Es algo más que una senda; es toda una experiencia, ya que quienes recorran este tramo costero laxense no sólo disfrutarán de unos espectaculares espacios naturales, sino que tendrán además la oportunidad de conocer dónde se crían, cómo se extraen y cuáles son las principales cualidades de estos preciados crustáceos. Si todo ello lo complementan con una degustación del producto, el plan ya será perfecto.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.