Concellos

Licítanse as obras para crear unha nova senda en Frades

Na primavera arrancan os traballos para construír o itinerario peonil e ciclista // O prazo de execución será de catro meses

  • 22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Na primavera de 2023 arrancarán as obras para construír a futura senda peonil e ciclista na AC-524 en Frades. Así o anunciaba este luns a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que se achegou ata a casa consistorial, onde foi recibida polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e os concelleiros de Obras, Manuel Ferreiro Marzoa, e Benestar Social, María Ángeles Álvarez Carro.

Os traballos, que supoñen un investimento da Xunta de 242.000 euros, servirán para crear un novo itinerario peonil que, tal e como indicou a conselleira, mellorará a mobilidade e a seguridade nesta vía autonómica ao seu paso polo municipio. As empresas interesadas nas obras teñen ata o día 19 de decembro para presentar as súas ofertas.

Segundo Ethel Vázquez, o obxectivo é iniciar os traballos a comezos da primavera, cun prazo de execución de 4 meses. Explicou que xa se está a avanzar no proceso expropiatorio: en outubro convocáronse as actas previas e o 16 de decembro está prevista a formalización. Así, tal e como avanzou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, “no verán os veciños de Frades poderán desfrutar desta nova senda peonil, que lles permitirá facer os seus desprazamentos cotiás entre os núcleos de poboación de Pibideira, O Pazo e Sobre dos Campos, para continuar pola senda da travesía da Abellá de forma cómoda, segura e saudable”. Ethel Vázquez indicou que se trata dunha nova actuación, demandada e agardada no municipio, coa que se dá resposta á petición trasladada polo alcalde e coa que a Xunta pretende favorecer desprazamentos máis seguros, cómodos, sostibles e saudables e facilitar o tránsito diario dos veciños.

O novo itinerario, de 770 metros de lonxitude, permitirá a conexión do núcleo rural de Pibideira cos do Pazo e Sobre dos Campos.

O rexedor aproveitou para recordarlle a Ethel Vázquez que xa está listo o novo proxecto de reforma e mellora da estación potabilizadora. A conselleira solicitoulle que o envíe canto antes e lembroulle que o 80 % do financiamento corre a cargo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o 20 % está en mans do goberno local.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.