Concellos
Os Orzamentos da Xunta para 2023 recollen unha partida de case dous millóns de euros para adiantar na súa reforma // Así o sinalou Ethel Vázquez nunha visita á localidade para supervisar as obras da nova rotonda da Barquiña TEXTO María Cano

Licitarán este ano a mellora na eficacia da depuradora noiesa

  • 27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou este mércores que a Xunta licitará antes de finais de ano as obras de mellora da depuradora de augas residuais de Noia, cun investimento de 3 millóns. Indicou que os Orzamentos da Xunta para 2023 recollen unha partida de case 2 millóns para avanzar na reforma desa EDAR.

Así o adiantou este martes Vázquez Mourelle na vila noiesa coincidindo coa súa visita para supervisar as obras, iniciadas hai só uns días, da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550, ata a alameda. A conselleira quixo aproveitar o percorrido a pé de obra para afondar no compromiso do Goberno galego coas necesidades do municipio, reflexado no proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma para o 2023, ao que o Consello da Xunta deulle luz verde a pasada semana.

A este respecto, puxo en valor a vontade de apoio da Xunta a Noia, con especial dedicación á mellora das infraestruturas hidráulicas, que permitan mellorar os servizos aos veciños e avanzar para garantir a calidade das augas da ría.

Por unha banda, segundo explicou, consignan os recursos para avanzar nesa colaboración acordada co Concello para mellorar o abastecemento de auga, un investimento plurianual de 1,3 millóns de euros no 2024. E, por outra banda, engadiu que eses orzamentos recollen os investimentos necesarios para a reforma da depuradora e para resolver a súas deficiencias.

Ethel Vázquez precisou que os presupostos autonómicos para o vindeiro exercicio 2023 inclúen unha partida de case dous millóns de euros para a primeira fase da mellora do sistema de depuración das augas residuais de Noia. A titular de Infraestruturas e Mobilidade adiantou que esta actuación de reforma da estación, “prevese licitar xa antes de que remate este ano para poder iniciar as obras o antes posible”. Posteriormente, apuntou que vai ser necesaria unha ampliación.

Nesa vontade de apoio da Xunta co municipio, a conselleira tamén enmarcou a atención á demanda en Noia da reforma do cruce entre a estrada autonómica AC-550 e a vía provincial de acceso ao núcleo da Barquiña, onde hai ademais un hipermercado que xera moito movemento de vehículos.

Ethel Vázquez incidiu en que, asumindo o seu compromiso, a Xunta está a comezar estas obras para reforzar a seguridade viaria e a favorecer a mobilidade dos veciños deste municipio, coa construción dunha glorieta na citada intersección, que leva aparellada o acondicionamento da travesía da AC-550 nun treito de 1,3 km, ata a alameda de Noia.

Explicou que esta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 meses, permitirá que a comezos do verán do vindeiro ano os veciños de Noia teñan á súa disposición esta nova glorieta no cruce da Barquiña; beirarrúas renovadas e un itinerario peonil accesible por unha das marxes da estrada autonómica AC-550, grazas a un investimento da Xunta de 1 ,1 millóns de euros.

A titular galega de Infraestruturas estivo acompañada polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, quen agradeceu á Xunta de Galicia “que aposte e que invista, unha vez máis, no noso municipio”.

a protagonista
Avances na conversión
do corredor en autovía
Ethel Vázquez
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

Durante a supervisión das obras, Vázquez concretou que con estes traballos vaise ordenar e mellorar a seguridade viaria do cruce, mediante a construción dunha rotonda de 13 metros de radio. Será unha nova glorieta cun trazado moi ben definido, axustado ao espazo dispoñible na contorna, con numerosas vivendas, remarcou. A conselleira fixo fincapé en como esa glorieta favorecerá a fluidez de tráfico e facilitará que todos os movementos e xiros dos vehículos se realicen con seguridade. Ademais, acondicionaranse os ramais de acceso á glorieta, renovando a rodadura.

Ethel Vázquez tamén se referiu a outros investimentos que está a poñer en marcha a Xunta en Noia, como á execución das obras de conservación da Ponte Ceilán, ás que se destinan 505.000 euros. Unha actuación, lembrou, “que beneficia de xeito directo, aos veciños de Outes, pero tamén aos de Noia”.

Por último, referiuse ao desdobramento do corredor Brión-Noia. Lamentou os últimos accidentes acontecidos nesta estrada e afirmou que “hai unha partida específica dun millón de euros para avanzar na súa conversión en autovía. De aquí a finais de ano agardamos chegar a un punto de inflexión no que é o proxecto construtivo e o poidamos someter a información pública e realizar as expropiacións complementarias”.

{ blanco o negro }
Necesidad
María Cano

en un concello como el de Noia, las infraestructuras hidráulicas juegan un papel muy importante. El mandatario local lleva tiempo gestionando la mejora de las instalaciones de la depuradora, que acumulan deficiencias, manifestando la necesidad de actuar en el sistema de depuración de las aguas residuales. “Este novo acordo demostra que o goberno local de Noia está comprometido e centrado na renovación das infraestruturas do municipio, que permiten mellorar os servizos e por tanto a calidade de vida da nosa veciñanza”, destacó el regidor durante la visita de la conselleira. La Xunta invirtió en los últimos años más de 4,5 millones en actuaciones de apoyo al Ayuntamiento noiés en este ámbito. Pero existe la necesidad de avanzar, garantizando la calidad de las aguas de esta rica ría.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.