Concellos

Lousame pon en marcha as clases de mantemento

  • 19 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lousame. A concellería de Deportes do Concello de Lousame abriu o prazo de inscrición nas clases de ximnasia de mantemento para adultos para o curso 2020-2021, que darán comezo o 5 de outubro. Os interesados poden anotarse na oficina municipal de deportes ou ben no 981 825 780.

As clases impartiranse de luns a xoves, en horario de 19.00 a 20.00 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra seguindo as indicacións do protocolo covid-19 para este tipo de actividades: desinfectar mans e calzado, manter unha distancia mínima de seguridade de dous metros ou traer a esteira da súa casa, entre outras. De feito, unha ducia de veciños lousamiás xa participaron durante o verán nesta iniciativa.

Por outra banda, o Concello de Lousame decidiu non convocar este ano as escolas deportivas municipais, debido a que estas se viñan impartindo no CPI Cernadas de Castro durante o horario do comedor. Unha circunstancia que agora, pola aplicación das medidas anticovid, non é posible levar a cabo nos colexios e porque suporía tamén mesturar nenos e nenas de distintas idades, cando se busca o contrario. m. c.

Tema marcado como favorito