Concellos
Amosan pinturas e esculturas en estilos tan variados como o impresionismo ou o surrealismo xeométrico // Todos eles forman parte da asociación Galeoska

‘Luarada’ reúne en Ribeira a arte de 17 creadores

  • 28 dic 2021 / 13:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un total de dezasete artistas integrantes do colectivo Galeoska expoñen as súas obras no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira a través da mostra colectiva Luarada, que ten como comisaria a Carmen Sampedro. A mostra foi inaugurada pola concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, María Sampedro.

O grupo Galeoska naceu en 2017 e organiza dende os seus comezos todo tipo de iniciativas, como xornadas formativas e informativas sobre arte, feiras e mostras colectivas ou individuais, sempre ca igualdade e a cooperación como premisas.

En Luarada mestúranse distintos estilos artísticos. Os dezasete creadores multidisciplinares, pintores e escultores, posúen unha longa e exitosa traxectoria, exhibindo diferentes temáticas e estilos: dende o realismo ata o impresionismo, o expresionismo, a arte abstracta ao o surrealismo xeométrico, e conxúganse técnicas como óleos, acrílicos, acuarelas, collages, mixmedia, etc.

Os autores son: Anatadocamilo, Bugallo, Carmela Taboada, Carmen Sampedro, Chus Gómez, Isabel Soutullo, Josecho González, José Miranda, Lola Sanz, Manuel García, Marcos Soto, María José Puente, María R., Marisé Cada, Marga Santiago, Ollalla C. Buceta e Sergio Ribeiro.

No transcurso do acto inaugural da exposición, tres destes creadores (Marcos Soto, Manuel García e Chus Gómez) doáronlle cadansúa obra ó Concello ribeirense. Luarada pódese contemplar no centro cultural Lustres Rivas ata o vindeiro día 29 de xaneiro, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, e os sábados de 11.00 a 14.00 horas. A entrada é gratuíta.

delegribeira@elcorreogallego.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.