Concellos

Máis de un millón de euros para adaptar a nova oficina de emprego de Cee

Ubicarase no edificio da antiga Escola de Música // Dotarán de banda ancha de última xeración 349 vivendas e empresas da vila

  • 04 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, participou este luns nunha visita institucional ao Concello de Cee, onde estivo acompañado pola alcaldesa, Margarita Lamela, e os concelleiros do grupo de goberno local, aos que confirmou que as obras de reconversión do edificio da antiga Escola de Música para acoller Servizo Público de Emprego Estatal se prevé que sexan adxudicadas a partir de xaneiro, e contarán cun investimento de máis dun millón de euros.

Miñones anunciou ademais que o Goberno está a promover a conexión de banda ancha de última xeración de ata 349 vivendas e empresas de Cee, grazas ao Plan Único. A maiores, lembrou que o Executivo central están contribuindo á transición verde do municipio ceense grazas á achega de dous millóns de euros para proxectos de sostibilidade enerxética.

En total son 13 proxectos que supoñen a renovación completa do alumeado municipal, ademais da reforma da Casa do Concello, xa rematada. O obxectivo é facer “unha vila máis eficiente e sostible”, afirmou o delegado.

Tamén informou á alcaldesa sobre o programa de axuda para mercar e alugar vivenda destinada a persoas mozas nos pequenos concellos, inclúido no Plan Estatal de Vivenda. Unha iniciativa que permite á mocidade dispoñer de axudas de ata 10.800 euros para adquisición dunha vivenda habitual, ou do 60 % da renda do alugueiro ata 360 euros mensuais “en municipios de reto demográfico, como é o caso de Cee, para fixar poboación”.

Durante a súa visita a Cee, o delegado do Goberno visitou tamén a Casa de Cultura, para a que o Concello ten solicitada, a través do programa DUS 5000, unha axuda por importe de 668.961,63 euros.

Segundo explicou a alcaldesa, o obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética do inmoble, instalando un equipo de recuperación de calor no auditorio e climatizando con bomba de calor o resto das instalacións do inmoble.

Ademais, tamén tramitaron outra petición de subvencion ante a Secretaría de Estado de Comercio por valor de 564.000 euros máis IVA para a modernización do mercado municipal. Concretamente as actuacións proxectadas céntranse na dixitalización do propio mercado, a creación dun posto de degustación, a unificación da imaxe dos postos de venda, a habilitción dunha zona de descanso na zona central e a mellora da cuberta e das paredes interiores do inmoble.

A maiores, Margarita Lamela, confirmou que o Concello está a preparar outras solicitudes de axudas para dotar de placas solares a piscina municipal e mellorar os vestiarios do campo de fútbol. Igualmente, solicitaron á Xunta unha subvención de 50.000 € para mellorar a fachada exterior do edificio do mercado municipal.

TRES MARES. Sinalar, por outra banda, que o delegado do Goberno, José Miñones tamén mativo un encontro cos responsables da piscifactoría Tres Mares, situada en Lires (Cee), a cal, debido á mortandade de peixe, atravesa unha difícil situación e ten activo un ERTE.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.