Concellos

Máis protestas en Vimianzo e Zas en contra dos peches de Abanca

  • 24 ago 2021 / 17:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. Os concellos de Vimianzo, Zas e A Baña convocaron para este mércores, día 25 ás 13.00 horas, novas concentracións para tentar evitar que Abanca siga adiante coa súa intención de pechar oficinas bancarias. En Zas, a protesta terá lugar diante da Praza do Concello, e convidan a toda a veciñanza a participar. O mesmo piden dende o Concello vimiancés, que citou aos veciños e veciñas en Baíñas diante da sucursal da localidade.

Ademais, os tres municipios concordaron organizar unha protesta conxunta o vindeiro día 2 de setembro diante da sede central de Abanca na cidade da Coruña. Paralelamente, en Vimianzo seguen adiante cunha campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma change.org. Denuncian que é unha medida que afecta en gran medida ás persoas maiores que viven no rural, que se verán obrigados a desprazarse a outras localidades. J. M. raMOS

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.