Concellos
Ten 1.200 metros e chega ata Costoia // Cumprindo esta vella demanda veciñal mellóranse a seguridade viaria e a rede de canalización das augas TEXTO M. Boo

Marchan a un bo ritmo as obras da senda peonil de Outeiro en Ames

  • 17 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As obras da senda peonil entre Outeiro e Costoia marchan a moi bo ritmo. Cunha lonxitude de preto de 1.200 metros, vai unir a aldea do Outeiro, na parroquia de Bugallido, coa de Costoia, en Biduído. A construción da senda inclúe, ademais, a canalización previa das augas e a posterior reposición do pavimento afectado. Esta importante actuación cumpre un dobre obxectivo ao garantir a seguridade viaria na zona e ao mesmo tempo mellorar a canalización das augas.

Esta obra atende unha antiga demanda da veciñanza dos lugares de Outeiro e Quistiláns, na parroquia de Bugallido, e Framil e Costoia, na parroquia de Biduído, pois mellorará notablemente a seguridade peonil nesta estrada que comunica as parroquias co concello de Santiago de Compostela. E, con esta mellora de infraestruturas, permitirase o tránsito peonil entre os núcleos e, polo tanto, unha mellor comunicación.

As obras comezaron o pasado 25 de agosto e a empresa adxudicataria, Gestal y López, conta con 6 meses para a súa execución. O importe ascende a 184.547 euros. Aproveitando estes traballos tamén se van realizar melloras na rede de abastecemento en varios treitos que se financiarán con fondos propios municipais.

Esta senda forma parte da futura rede de conexión peonil de núcleos de Ames. A actuación únese á senda da Condomiña; á de Vilouta, na parroquia de Tapia; á de Eirapedriña e Framán na parroquia de Bugallido; á de Biduído de Abaixo; á de Lapido; á de Sisalde e á de Ventín a Coira (Biduído).

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.