Concellos

O BNG demanda mellorar a política de mobilidade

  • 16 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O BNG avoga por mudar a realidade do transporte público e das infraestruturas viarias e de telecomunicacións da Costa da Morte, e con tal fin presentaron en Vimianzo unha campaña que van desenvolver en toda a zona. Ao acto asistiron o deputado Daniel Pérez; o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; os responsables comarcais de Bergantiños e Costa da Morte, Marcos Trigo e Xurxo Rodríguez; portavoces municipais, edís e candidatos nas vindeiras eleccións.

Os nacionalistas consideran que a Costa da Morte precisa dun impulso que faga posible a revitalización económica e social, e para conseguilo ven imprescindible mellorar a mobilidade.

Con tal fin propoñen rematar a autovía ata Cee e eliminar as peaxes existentes entre A Coruña-Carballo e realizar unha nova planificación das conexións de transporte público que mellore as rutas e os tempos e que amplíe as paradas nos núcleos rurais.

Plantexan tamén iniciar os estudos de viabilidade dun servizo ferroviario de proximidade para Bergantiños e a Costa da Morte, e impulsar e executar un plan de mellora das telecomunicacións e de dixitalización da comarca, acelerando a implantación da fibra óptica para que chegue a todo o rural. As propostas serán trasladadas á Xunta a través dunha iniciativa parlamentaria.

Daniel Pérez criticou que, 14 anos despois da chegada do PP ao goberno da Xunta, na Costa da Morte non só non se solucionaron os problemas que había daquela, senón que aumentaro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.