Concellos

O festival Atlántica chegará a doce concellos da comarca

Dodro incorpórase este ano á cita internacional de narración oral e acollerá os días 2 e 8 de xullo dous dos seus espectáculos

  • 18 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Cidade da Cultura de Santiago acolleu hai uns días a presentación da décima edición do festival Atlántica 2022, a cita internacional de narración oral que se celebrará entre o 30 de xuño e o 9 de xullo e que conta co apoio da Xunta de Galicia. As distintas funcións desenvolveranse en lugares ao aire libre e de especial interese patrimonial de 24 localidades galegas, entre elas doce concellos de Área de Compostela.

Atlántica 2022 contará coa participación de 42 narradores nacionais e internacionais de distintos lugares do mundo como Colombia, Bos Aires, Brasil, Portugal, Romanía, Hungría, Alemaña, Marrocos, Uruguai ou puntos de España (Guipúscoa, Madrid, Valencia, León e Zamora).

Están previstas un total de noventa e catro funcións, en concreto nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Ferrol, así como nos concellos de Outes, Teo, Carnota, A Pobra do Caramiñal, Mugardos, Boiro, Dodro, Paderne, Ribeira, Padrón e Zas na provincia da Coruña; Sanxenxo, Campo Lameiro, A Estrada, Cuntis, Pazos de Borbén e Lalín, na de Pontevedra, e Alfoz, Chantada e Mondoñedo, na de Lugo.

O festival terá unha fase previa, que se puxo en marcha o 15 de xuño e ata o propio 30, en catro centros de ensino, entre eles el CIP Pedrouzos en Brión.

Segundo explicaron na presentación, a sesión inaugural correrá a cargo dos narradores galegos Paula Carballeira e Quico Cadaval o vindeiro 30 de xuño ás 21.30 horas no Parque de Bonaval de Santiago de Compostela.

A programación completa pódese consultar si se precisa na web do festival.

DODRO. Na presentación do Atlántica estiveron presentes polo Concello de Dodro o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco, e o de Deportes e Educación, Abel Tarrío Abuín. En concreto os espectáculos que o Festival Atlántica trae a Dodro son o día sábado 2 de xullo na Eira de Traxeito Dragoeiros e biosbardos de Sofía Maul de Portugal e Charo Pita de Galicia e na Eira de Bexo o venres 8 do mesmo mes Contos para caghar patatillas de Brais das Hortas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.