Concellos
O polígono da vila amesá experimentou ao longo da última década unha evolución propia das grandes vilas industriais// No parque empresarial alóxanse empresas de todo tipo pero, sobre todo, destaca o incremento do sector software TEXTO P. Brea

O Novo Milladoiro: berce do sector tecnolóxico de Galicia

  • 09 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A historia do Polígono do Milladoiro está ligada dun xeito diretamente proporcional á da vila. É por iso que co paso do tempo e coa grande evolución que está a sufrir a cidade amesá, o parque empresarial non se pode quedar atrás. Ao longo de varios anos a actividade comercial da zona foi mais ben discreta pero, co crecemento poboacional tan drástico que se experimentou na zona ao longo do último lustro, a presenza empresarial multiplicouse. Así pois e dende xa hai tempo, a infraestrutura existente comezou a quedarse pequena para a gran afluencia de xente e transporte que alberga. Asi pois, a principal problemática coa que conta esta zona industrial é que debido á eclosión urbanística que experimentou O Milladoiro, esta quedou integrada coa zona urbana, presentando deste xeito unha serie de inconvenientes, tanto para o sector empresarial alí presente como para o resto da poboación da vila.

inconvenientes. As principais desvantaxes que existen a día de hoxe son referentes a salubridade da zona e ao tamaño da mesma. Así é que o Concello aprobou unha serie de medidas para facilitar a mobilidade no parque empresarial, tal e como dixo Blas García, o alcalde, “o aparcamento vaise ampliar en 100 prazas na rúa Castiñeiras, imos pasar de 48 a 104 prazas no primeiro tramo e de 40 a 60 no segundo ao aproveitar as zonas de vexetación”. Con esto dende o Consitorio pretende solventar as imaxes destes últimos anos nas que os coches víanse na obriga de aparcar enriba das beirarrúas debido a falta de espazo. Por outro lado e, sen dúbida, o maior problema co que conta a zona é o acceso ata o parque, xa que actualmente este é caótico e complicado. Con todo o Ministerio de Fomento deseñou un plan alternativo ao do Concello para poder subir á zona sen necesidade de pasar pola glorieta da SC-20. Solución que non convence a Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro, xa que a consideran de non efectiva.

ampliación. Doutra banda, debido ao incremento incesante de empresas que instalan as súas dependencias no polígono, a construtora Santiago Sur comezará unha intervención na que se lle engadirán catorce naves industriais de entre 700 e 2000 metros cadrados. Estas situaranse na intersección da rúa Palmeiras coa rúa do Buxo e pretenden dar cabida á gran demanda de espacios laborais no parque empresarial. Deste xeito a construtora da cabida a un espacio que levaba varios anos descoidado e sen proxectos adxudicados. Ademais, o concello amesá consegue deste xeito aumentar a presenza de empresas na zona.

O Milladoiro pasa así de ser unha cidade dormitorio a todo un núcleo empresarial que actúa como berce do sector do software.

unha zona empresarial máis salubre e integrada

··· O proxecto de fomento busca garantir un acceso ao parque empresarial que non poña en risco nin complique a circulación no resto das vías interurbanas da vila. A Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro mailo Concello instaron ap Ministerio a que teña en conta a súa petición de realizar unha intervención que sexa duradeira.

··· A ampliación do parque empresarial pretende facer da zona unha área salubre á par que eficiente empresarialmente. Este contará con 100 prazas máis de aparcamento na rúa das Castiñeiras. Ademais, o Concello está a realizar un estudo de mobilidade para ver que medidas adoptar en favor dos empresarios da zona industrial.

··· As peticións dos cidadáns aúnanse ao redor da humanización do parque empresarial, xa que este atópase integrado nunhas das caras da cidade, xusto a que máis está medrando. É por iso que a poboación pide que se leven a cabo medidas que favorezan a salubridade da área e que se limite por completo a circulación de vehículos de gran tonelaxe como é o caso dos tráilers que acuden a descargar e cargar ás diferentes naves industriais que se sitúan no polígono

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.