Concellos

O Pino vive un agosto cargado de propostas para as familias

Uxía Lambona e a Banda Molona encargarase de pór o punto e final á programación de verán o próximo día 3 de setembro

  • 09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Baños e cursos na piscina municipal, excursións á praia, espectáculos infantís ou un curso de costura son algunhas das actividades programadas polo Concello do Pino para gozar do mes de agosto no municipio. Unha gran festa da familia, con xogos, obradoiros, pulpería e o concerto de Uxía Lamboa e a Banda Molona pechará a axenda de verán na área recreativa da Magdalena o sábado 3 de setembro.

Para facer fronte a calor, a veciñanza ten dispoñible a piscina de Lameiro e as excursións á praia. A piscina, que está aberta todos os días dende o mediodía ata as oito da tarde, conta con abonos individuais e familiares cun prezo entre os 6 e os 24 euros. Ademais, acolle cursos de natación para a cativada e persoas adultas de luns a xoves.

Pola súa parte, o programa Vai de praia leva á veciñanza a distintos areais ao longo do verán. Xa foron ata a de Caneliñas en Sanxenxo, e agora está prevista unha saída a Boiro este martes, a San Francisco en Muros (o día 23) e a San Vicente do Mar no Grove (o vindeiro día 26).

No tocante aos espectáculos, Aula Aberta, iniciativa cultural e educativa do Concello pensando na conciliación familiar, fixa tres citas no mes de agosto. Dúas delas enmárcanse no programa Ler conta moito: o día 9 nenas e nenos poderán xogar a ruleta das letras e o día 30 Paco Nogueiras presentará o seu espectáculo musical Brinca Vai! Ambas actividades desenvolveranse na casa da cultura ás 11.30 horas. A terceira cita está marcada para o xoves 25 de agosto na praza do Concello con Dous no camiño, unha proposta de teatro de rúa .

Hai que lembrar que segue ata setembro, con ánimo de axudar a conciliar, o campamento da Escola de Verán.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.