Concellos

Obradoiros, camiñadas e xornadas para promocionar a costa de Caión

A Laracha impulsa un proxecto para reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral

  • 10 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Laracha. O Concello da Laracha, co apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Costa da Morte, promove o proxecto A Laracha activa e o mar de Caión, iniciativa que pretende reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral caionés ao mesmo tempo que dinamizar o turismo.

Entre os contidos de dito proxecto está o desenvolvemento ao longo da segunda quincena de setembro dun novidoso programa medioambiental na vila que incluirá actividades dirixidas a todos os públicos, especialmente ao familiar.

A primeira proposta será a realización de obradoiros sobre a colleita artesanal de algas e a salgadura do peixe. Cada sesión inclúe ambas actividades. Haberá tres quendas: venres 16 de setembro (de 17.00 a 20.30 horas), e o día 17 (de 10.30 a 13.30 h e de 17.00 a 20.30 horas).

Outro dos contidos será a realización de camiñadas consistentes en rutas interpretativas polas sendas do mar de Caión. Partindo da Confraría de Pescadores, realizaranse percorridos guiados de apenas catro quilómetros de distancia e de dificultade baixa. Haberá dúas quendas, o domingo 18 e o sábado 24, ambas de 10.30 a 13.30 horas. As prazas dispoñibles son limitadas.

A inscrición xa está aberta e pode formalizarse vía telefónica (981 604 324 ou 981 605 001) ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal indicando o nome, DNI, idade, enderezo e teléfono de cada asistente.

O programa complétase coas xornadas de portas abertas sobre oficios da pesca artesá que se van realizar no centro sociocomunitario. Comezarán o venres 23 de 19.00 a 21.00 horas co acto de inauguración, a presentación do programa A Laracha activa e o mar de Caión e tres conversas sobre o pasado, o presente e o futuro do mar a cargo dos historiadores Marcos E. Amado e Fernando Patricio Cortizo e de profesionais do sector pesqueiro. Ademais, nesa fin de semana (sábado 24 e domingo 25) poderase visitar a exposición en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.