Concellos
Súmase así a chamada dunha ONG para axudar ao orfanato Mugabezaki W’ingo cun corazón solidario na alameda // En Oroso e Cerceda tamén fixeron campañas

Ordes recolle xa tapóns para os orfos de Burundi

  • 18 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os nenos do orfanato Mugabekazi W’ingo, na parroquia de Nyabiraba-Gishubi-Gitega, está de noraboa: o Concello de Ordes súmase á campaña de recollida de tapóns Axuda a Burundi, seguindo os pasos doutros municipios solidarios da súa comarca, como o de Oroso ou Cerceda... situados a 8.700 kilómetros de distancia da localidade africana.

Así o destacaban dende a administración local ordense, que dende hai uns días ubicou na alameda da súa vila un contedor de recollida de tapóns a favor desta rapazada. “Achegando os tapóns ao contedor contribúes coa ONG Axuda a Burundi, que busca axudar aos nenos e nenas do centro Mugabekazi W’ingo a loitar contra a desnutrición, mellorar o seu coidado, a súa saúde e a calidade da educación”, indican.

A ONG citada daba conta de que nas últimas semanas, remitiron cargamentos de plástico para reciclar dende Cerceda e Oroso e así dirixir as doazóns a un dos cinco países máis pobres da África, onde a esperanza de vida apenas ronda os 61 anos, ademais. Alí, case o 57 por cento dos pequechos de menos de cinco anos sufre desnutrición crónica. Na actualidade están organizando diferentes proxectos para mellorar (e reconstruír) ese orfanato, pero tamén a alimentación, recursos humanos “e moitas máis cousas para os nenos”, din. Os interesados poden sumarse na web axudaburundi.org.

E entre os fitos dos municipios veteranos nesta colaboración destaca, precisamente a do orosano, onde o rexedor Luis Rey se congratulba o pasado ano de que, en apenas cinco días de campaña, acadaran unha tonelada de tapóns, grazas tamén aos recipientes corazóns solidarios.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.