Concellos

Os sistemas intelixentes xeran curiosidade na Feira do Moble

No marco deste certame, a compostelá Sabela Losada recibiu o premio Reimóndez Portela de xornalismo

  • 17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Electrodomésticos, enerxías renovables, sistemas intelixentes de limpeza ou automatismos, están despertando moito interese na 34 edición da Feira do Moble de Galicia que se está a celebrar na Estrada ata o domingo. Onte no marco da feira, a escritora compostelá Sabela Losada recolleu o27 Premio de Xornalismo Reimóndez Portela de mans do concelleiro de Cultura, Juan Constenla.

A modo de exemplo, a firma Frigohogar, con tenda na Estrada, oferta unha ampla selección en grande e pequeno electrodoméstico, con ofertas especiais para o certame. Deste xeito, o público ten á súa disposición un amplo abano de produtos entre os que figuran televisores de última xeración, frigoríficos ou lavadoras, entre outros.

Por outra banda, nesta edición da Feira do Moble está a despertar notablemente o interese do público o ámbito dos sistemas renovables para a produción enerxética no fogar, dado o actual clima de incerteza en relación ao gasto en enerxía.

É por iso que firmas coma a estradense Instalaciones Terca ou Ecogal achegan ao visitante distintas opcións á hora de apostar por modelos de enerxía máis eficientes e que, ao tempo, permitan un aforro para o consumidor. Sinalar que ademais da propia presentación de diversas solucións en sistemas de enerxía renovables, nestes stands o usuario ten a posibilidade de recibir un asesoramento completo e personalizado con propostas e estimacións concretas para o seu caso.

Así mesmo, quen se achegue á cita ten a posibilidade de coñecer, tamén, innovadores métodos de limpeza intelixente do fogar. Así, a empresa Ritello presenta solucións para loitar contra a contaminación do aire en interior. Deste xeito, é posible respirar aire lavado con auga, libre así de po, xermes e bacterias.

Con relación ao equipamento do fogar a feira conta con ámbitos clave, como é o caso da ferretería ou a bricolaxe. Así Soutelana ofrece solucións en decoración, fontanería, electricidade ou menaxe. Sen esquecerse ademais do coidado do xardín e dos traballos forestais e agrícolas, expoñendo diversas ferramentas. Por outra parte, onte visitou a Feira do Moble o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, que se achegou ata A Estrada para coñecer de primeira man o certame.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.