Concellos

Os vikingos chegaron a Catoira no día grande pero sen desembarco

Para poder seguir o concerto de Baiuca dende as Torres houbo que reservar cita previa

  • 02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Catoira. Replanteándose o programa e tomando todas as medidas de seguridade, o Concello de Catoira celebraba onte o día grande da Romaría Vikinga, unha cita que leva desenvolvéndose no municipio dende hai xa 60 anos. A frota vikinga procedente do norte de Europa fixo a súa incursión na localidade, pero este ano realizou un ascenso fluvial polo Ulla que non rematou no tradicional desembarco. Tampouco houbo asalto ás Torres do Oeste nin puideron seguir o espectáculo miles de persoas bebendo e comendo como é tradición. Non obstante, a fin de semana deixou moi bo sabor de boca a veciños e visitantes. Para asistir ao recinto das Torres do Oeste houbo que reservar cita previa para ver o concerto de Baiuca, posto que o aforo estivo limitado a un máximo de 300 persoas.

Os asistentes estiveron sentados en cadeiras e coas distancias de seguridade pertinentes. Para evitar aglomeracións ao longo do río, o Concello instalou unha pantalla de 4,50 x 2,60 na rúa da estación fronte ao banco, e ademais retransmitiuse o espectáculo por streaming a través das canles municipais de Facebook e Youtube. Unha maneira de seguir o evento dende a casa.

A Romaría é unha das celebracións máis singulares en Galicia. Esta festa remóntase a 1960, cando se celebrou por primeira vez un acto rememorando os desembarcos nas terras do Ulla. Comezou sendou unha reunión de amigos e hoxe trascende as fronteiras de España. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.