Concellos
O Concello repartirá os 450 traballos que escolares de Primaria presentaron ao certame para concienciar sobre a violencia de xénero TEXTO María Rendueles

Padrón encherá os escaparates das tendas con debuxos do 25-N

  • 31 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As tendas e locais de Padrón encheranse en novembro de ilustracións coa temática do 25-N. E é que xa hai nomes gañadores do II Certame de debuxo do 25-N co que o Concello, a través do Centro de Información á Muller, volve implicar ao alumnado de Primaria nas actividades de sensibilización coas que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Os deseños premiados son os de Ana Pérez Rodríguez (1º B), Mateo Chayán Cruces (3º A) e Blanca Rocha Castro (6º B), do CEIP Flavia, e os de Violeta Taboada García (1º B), Sara Castaño Lima (4º A) e Sara González Alvarado, (6º B), por parte do CEIP Rosalía de Castro. Os debuxos participantes no certame, máis de 450, repartiranse ao longo de novembro polos escaparates dos comercios, bares e restaurantes de Padrón que colaboren coa iniciativa para que agora poida velos toda a veciñanza, contribuíndo á concienciación fronte ás violencias machistas.

“O ano pasado foron máis de trinta os establecementos que colgaron nos seus escaparates centos de debuxos e mensaxes nos que o alumnado amosaba o seu rexeitamento á violencia de xénero”, sinala a concelleira de Muller, Lorena Couso.

Ademais, os debuxos gañadores empregaranse para decorar unhas cuncas conmemorativas que se entregarán no acto institucional que, co gallo do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, desenvolverase no auditorio municipal o 25 de novembro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.