Concellos
A iniciativa de García Vieito leva dez anos en activo e ten 32.000 seguidores // Foi recoñecido pola Deputación TEXTO Lema

Premian a un xalleiro por darlle pulo ao Twitter en lingua galega

  • 21 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A iniciativa Twitter en galego leva dez anos en activo e suma case 32.000 seguidores. Acaba de ser recoñecida co premio Rosalía de Castro da Deputación provincial da Coruña. Na sala de máquinas desta acción reivindicativa, está un veciño da parroquia xalleira de Montouto, Carlos García Vieito. Da mesma parroquia onde naceu a poeta Regina Muñíz ou a voz do grupo Folk on Crest, Yoli Río.

A idea xurdiu “por non estar calado e por reivindicar o uso do galego”. Naceu “@chio_en_galego” e está sendo un éxito. Desde un principio as intencións estaban claras: “As novas tecnoloxías son o futuro e o galego ten que ir da man. Non podemos consentir que as redes sociais non dispoñan do galego como unha das súas linguas”. E facendo rebumbio, conseguiuse que Twitter fora sensible ó idioma de Rosalía, que xa se poida configura a conta en galego e seguir promocionando os “chíos” na lingua do país. Aínda quedan obxectivos que cumprir, como na versión móbil da rede do paxariño azul.Pero unha década despois, diante do micrófono de Radio Xallas, Vieito está contento: “O balance é positivo. Creouse unha comunidade moi guai. Sempre houbo moi bo rollo na comunidade, e moito movemento”, indicaba.

En principio só se pretendía lanzar unha demanda: “Pensei que a Xunta de Galicia ou outros colectivos collerían a idea a a levarían adiante pero non pasou iso e fixémolo nós.Como fomos moi pesados Twitter acabou contactando”.

Esta rede social consiste nun servicio de microblogueo, con sede en San Francisco, California, Estados Unidos, e filiales en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts). Foi creado orixinalmente en California, pero está baixo a xurisdición de Delaware desde 2007. Jack Dorsey foi un dos seus creadores en marzo de 2006, e foi lanzado en xullo.

O mozo de Montouto aclara que “son moitas linguas as que están en espera” e que tan pronto, desde a plataforma de Jack Dorsey, lle explicaron como tiña que trasladar a solicitude para a inclusión do idioma neste servizo de “microblogging”, como bo galego, optou pola fartura: “Mandamos milleiros de peticións”, explicaba para este xornal.

Anque o de Twitter ten moito valor simbólico, recoñece que “tamén estamos pelexando noutras plataformas. O Instagram vai pola mesma liña. Hai que turrarlle a Facebook para que inclúa o galego”. Todo avanza “moi amodiño” pero por exemplo “temos boas novas, agora xa se poden ler normativas e o seguinte paso é que estea presente nas aplicacións”. Outra rede social que causa furor é Tik Tok: ”Tik Tok xa recoñece o galego como unha lingua, o que xa é fantástico” comenta o xornalista. Sobre o premio da Deputación coruñesa confesa que “foi una sorpresa” e que supón ”un recoñecemento a todo o traballo feito”. Unha década de “chíos” e “reivindicacións” que aínda non se conmeraron con moita efusividade, porque como lembra, é unha actividade que fai no seu tempo de lecer.

No fondo do que se trata e de fomentar o idioma en tódolos ámbitos. Algo que lle chama a atención poderosamente a Vieito é o cambio de rexistros ao saltar á rede. ”Non entendo como unha persoa de Santa Comba (por exemplo) que fala en galego entre no Instagram e poña -te quiero-”. Entende que son “prexuizos” e “hábitos” que “fan cambiar do galego ao español na rede”. Algo que se pretende combater con iniciativas como a antes exposta. Sen presa pero sen pausa.Carlos García Vieito está de volta en Galicia traballando como responsable de comunicación da Mesa pola Normalización Linguística, despois dunha estancia na capital de España como xefe de prensa do BNG no Parlamento estatal. E coa cabeza chea de paxaros. Non todos azuis.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.