Concellos
A Xunta publicou este martes no DOG a aprobación da declaración // A execución deste vial suporá un investimento autonómico superior aos 9 millóns de euros // Prevén licitar o vindeiro ano as obras correspondentes á primeira fase TEXTO M. Cano

Ribeira, máis preto da variante tras obter o visto bo ambiental

  • 24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da declaración de impacto ambiental da variante de Ribeira, cuxa execución suporá un investimento autonómico superior aos 9 millóns de euros.

Dende o Goberno autonómico lembraron que o pasado ano a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade someteu a información pública, tamén a efectos expropiatorios, o proxecto de trazado, coa previsión de executar a variante en dúas fases: unha primeira, que conectará a glorieta do final da autovía do Barbanza coa avenida da Constitución; e unha segunda, que irá desde esta avenida ata a estrada da costa (DP-7307), facilitando así, tamén, un novo acceso ao porto da localidade.

A previsión do departamento de Infraestruturas é licitar en 2022 as obras da primeira fase da Variante de Ribeira, para a que se reserva unha partida de 1 millón de euros nos Orzamentos da Xunta de 2022.

Neste momento, a área que dirixe Ethel Vázquez está a analizar as achegas recibidas ao proxecto, tras cumprirse o proceso de información pública, co obxectivo de que a finais de ano se lles poida dar resposta, incorporando ao proxecto aquelas que sexan tecnicamente viables.

Entre elas, segundo indicaron dende a Xunta de Galicia, teranse en conta as propostas realizadas polo Concello ribeirense, para a execución dun viaduto, en lugar de muros, no núcleo de Cruxeiras (entre os puntos quilométricos 0+580 e 0+660), ademais da proposta de iluminar as glorietas previstas.

A variante de Ribeira é unha vía de novo trazado de 3,1 quilómetros de lonxitude que mellorará as comunicacións de todo o concello e reducirá nun cincuenta por cento o tempo de percorrido, ao circunvalar o núcleo de Santa Uxía, liberando de tráficos o centro e facilitando o acceso á zona sur.

Suporá unha nova entrada por estrada ao núcleo de Ribeira, alternativa á actual, que desde o norte parte desde a rotonda da autovía, continuando ata a avenida da Constitución e finalizando na praia de Touro.

A primeira fase, que discorre bordeando o núcleo urbano, desde o final da autovía ata a avenida da Constitución, concentra a maior parte do investimento, arredor de 6 M€. A segunda fase correspóndese co treito máis urbano e discorrerá ata a praia de Touro.

A primeira fase, que discorre bordeando o núcleo urbano, desde o final da autovía ata a avenida da Constitución, concentra a maior parte do investimento, arredor de seis millóns de euros, afectando ao setenta por cento do trazado, ao abarcar 2,1 quilómetros. A segunda fase correspóndese co treito máis urbano, de 940 metros, e discorrerá ata a praia de Touro.

A futura vía iniciarase na rotonda da autovía, en Xarás, seguirá á altura da rúa dos Remedios, Cruxeiras, rúa Mariño de Rivera, Cubeliños e Travesía de Fafián, para desembocar na rúa Perú.

Asemade, a actuación implicará a construción dun viaduto de dezasete metros de lonxitude sobre o río Mámoa, cinco glorietas e dous pasos inferiores. O primeiro treito, de 1.300 metros, será valado e sen accesos. Ás expropiacións destínanse 2,6 millóns de euros.

O protagonista
“É unha vella aspiración ter entradas e saídas fluídas”
Manuel Ruiz Rivas
Alcalde de Ribeira

A aprobación da declaración de impacto ambiental da variante é un paso máis de cara a execución do novo vial ao que “se une que os orzamentos da Xunta xa conteñen unha presupuestación que permite licitala o ano que vén e comenzala. Polo tanto, é un paso máis que o Goberno galego dá cara a unha vella aspiración de Ribeira que é ter unhas entradas e saídas máis fluídas e para iso axuda moito a variante con esas catro entradas novas”, afirmou o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas.

Ao respecto asegurou que “estamos falando dunha previsión de 9.000 vehículos, o cal vén dicir que do mesmo xeito que estes van atopar unha nova saída ou entrada, pois equivale a que os que agora saen por avenida de Ferrol tamén van ter unha maior comodidade. Non só é a nova infraestrutura, senón que vacía a actual”, dixo.

{ blanco o negro }
Discreta ejecución
María Cano

Acometer estos proyectos no suele ser tarea fácil. Este tipo de infraestructura suponen un importante ahorro de tiempo y se mejora la seguridad vial. Sin embargo, la construcción de una variante debe incorporar las medidas ambientales y constructivas necesarias para minimizar el impacto. De ahí la importancia de estas declaraciones, en las que se establecen los condicionantes ambientales que deberán tenerse en cuenta en la actuación para su correcta integración en el medioambiente, como son la protección de la atmósfera, población y salud, el cuidado de las aguas y lechos fluviales y de los suelos, la gestión de vertidos o la protección de la fauna y el patrimonio. Largos procesos burocráticos, para una discreta ejecución.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.