Concellos
SE EU FOSE ALCALDESA ...

... “Trataría de coidar máis as estradas das aldeas”

Paca Liñares

    Cargando reproductor ...
  • 23 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Residente en Tarrío, aldea da parroquia de Bugallido, casada, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O primeiro sería mirar máis polas aldeas porque están moi descoidadas. Alí onde vivo eu, en Tarrío, as estradas están destrozadas. Parchéanas rapidamente e aos dous días está todo cheo de baches outra vez. Outra cousa na que me centraría é no transporte urbano. Na nosa aldea aínda temos un autobús cada hora, pero os de Bugallido me parece que aínda están sen este servizo.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O mellor é a tranquilidade que temos ao vivir nunha aldea, iso é impagable. Tamén hai moitas zonas verdes. Eu vivo nas aforas, máis abaixo da zona das Mimosas, e por alí hai moitos parques por onde pasear. Ademais estamos ben surtidos de servizos e comercios. Dende a pandemia nós a Santiago non imos nada, vimos só ata O Milladoiro. Só imos ata Santiago se precisamos ir ao médico e pouco máis, xa nin á praza imos. O bo é que nos negocios locais xa temos todo para o día a día.

E o que peor leva?

O peor é o descoido a nivel de estradas e beirarrúas nas aldeas. Habería que arranxar o firme, que está pragado de baches. Non se pode actuar só por riba, porque non vale de nada.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.