Concellos
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de recuperar o autobús nocturno”

Darío Carbia, empregado en Sanidade Ambiental

    Cargando reproductor ...
  • 05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Residente en Bugallido, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Primeiro, trataría de recuperar o bus nocturno para evitar ter que coller un taxi ou levar un coche propio arriscándote se tomas algo. Segundo, estaría ben que houbese más variedade de tendas. Ao ser un sitio pequeno non hai franquicias e iso obrígate un pouco a ir a Santiago. Terceiro, no Milladoiro estaría ben facer máis zonas verdes. É moito máis urbano ca Bertamiráns, aínda que creo que agora xa están urbanizando mellor.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A tranquilidade. Isto non está tan masificado como Santiago e por iso o prefiro para vivir. Asemade, aínda que non as podo desfrutar porque traballo mañá e tarde, penso que se desenvolven bastantes actividades culturais tanto en Bertamiráns como no Milladoiro.

E o que peor leva?

Non lle vexo nada malo a verdade. Eu vivo en Bugallido e gústame moito esta zona. Ademais temos autobuses cada tres cuartos de hora, polo que considero que está ben a frecuencia tendo en conta que é un pobo pequeno. É certo que hai menos autobuses para ir a Santiago dos que hai en Bertamiráns, pero tamén hai menos xente, polo que é lóxico.

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.