Concellos
Feijóo presidiu onte os actos do XXX aniversario da Fundación, que ten a súa sede en Iria // Avanzou que para o 2022, con motivo do vinte pasamento do Premio Nobel, organizarán numerosas actividades e exposicións TEXTO Sol Elvira

Trinta anos divulgando a obra e o legado de Camilo José Cela

  • 12 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello coruñés de Padrón vestiuse onte de gala para celebrar o trinta aniversario da Fundación Camilo José Cela. Un acto ao que asistiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou onte o compromiso do Goberno galego co coidado e a divulgación do legado do Premio Nobel, coa organización de numerosas actividades e exposicións o vindeiro ano 2022, coincidindo cos vinte anos do seu pasamento.

Durante o acto, con motivo da celebración do XXX aniversario da Fundación , Feijóo recordou que estos eventos sumaranse aos celebrados en 2016, con motivo do centenario do seu nacemento. Entre eles citou a remodelación da Casa Museo, e o labor que desenvolve a fundación, “a mellor plataforma de investigación, protección e proxección da herdanza do escritor, tanto literaria, cunha análise exhaustiva dos seus manuscritos, como xornalística, con amplas escolmas dos seus artigos; e epistolar e editorial”, precisou.

O titular do Executivo autonómico eloxiou deste xeito o papel desta institución ao longo destas tres décadas como dinamizadora da cultura galega e española a través do protagonista, así como a súa aposta pola innovación e a reinvención, como pon de manifesto a pinacoteca e as pontes tendidas a outros autores.

Nesta liña, referiuse tamén ao centenar de exposicións organizadas, ademais doutras iniciativas recentes como o seminario A palabra e a imaxe, a mostra Nova York amarga, que se pode visitar agora no CGAC de Santiago, e o ciclo Mazurca para dous poetas, que se levará a cabo este mes e que hibrida música e poesía.

Feijóo aproveitou o acto para ensalzar a obra deste padronés universal, “un creador que, lonxe de acomodarse no seu talento, afánase por compartilo en todos os espazos da vida pública e cultural”, dixo, incidindo en que nel habita un novelista, un poeta, un académico, un viaxante e un xornalista que forman parte dunha mesma figura, unida por un denominador común de xenialidade.

Xunto ao presidente galego participaron no acto o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; o alcalde de Ames, Blas García e, por suposto, o de Padrón, Antonio Fernández Angueira, que tamén interviu no acto. “Para min é un orgullo poder estar hoxe na celebración deste 30 aniversario da Fundación Camilo José Cela. E non só como alcalde de Padrón e como integrante do patronato desta entidade, senón como veciño que se emociona polas dimensións do éxito dun padronés que sempre levou a Padrón no corazón e que conseguiu que o noso municipio fose coñecido internacionalmente a través da súa figura”, indicou o rexedor.

Fernández Angueira matizou que “se de algo pode presumir Padrón é de ser berce da cultura a través da tradición Xacobea da nosa vila e, por suposto, da literatura. Algo especial ten que ter este fermoso Val do Sar... pode que o suave son do río leve á inspiración a través das verbas... E proba diso é que este recuncho padronés de Iria Flavia contribuíu ao proceso creativo de Cela”.

“ grandes obras saíron desta contorna”
{ cortina de humo}
El contador controvertido
Sol Elvira

sus biógrafos y estudiosos aseguran que tenía una personalidad “ecléctica, poliédrica y complicada”. Dicen que es uno de los Nóbeles menos leído, pese a que La familia de Pascual Duarte es la novela española más traducida después de El Quijote. Aunque en los últimos años fue incluso pasto de la prensa rosa, a Cela se le consideraba una persona solitaria, aunque siempre estaba dispuesto a dar su opinión, controvertida y a menudo irreverente, como sus habilidades anales. Su mala opinión sobre los periodistas, los críticos literarios, los intelectuales y la mayoría de los escritores_a los que calificaba de burocráticos, estúpidos, oportunistas y mediocres-, ha trascendido a su obra y mantiene su yo mayestático cada día más vivo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.