Concellos

Trinta e cinco persoas con discapacidade traballan xa nas ecobrigadas de Amicos

Corenta firmas apoian economicamente ou con contratacións ós equipos, que levan a cabo actuacións forestais e de xardinería

  • 23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos de Ribeira presentou este venres a súa alianza con Cobre San Rafael para traballar conxuntamente pola inserción laboral deste colectivo. O acto tivo lugar no miradoiro Pedra da Rá, xa que as ecobrigadas de Amicos levan uns días traballando no acondicionamento desa zona.

Dita empresa é unda das corenta que apoian, economicamente ou con contratacións, a estes equipos multidisciplinares de persoas con discapacidade que levan a cabo traballos de coidado medioambiental, obras forestais, de prevención de incendios nos montes e de xardinería en diversos puntos de Galicia.

As 35 persoas que forman xa estas ecobrigadas reciben formación adaptada e son acompañadas durante todo o proceso para fomentar e mellorar a súa empregabilidade.

“Estas ecobrigadas xeran 35 postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual que co seu esforzo e superación demostran que sempre hai unha oportunidade para avanzar na súa inserción”, destaca Xoán España, director xeral de Amicos.

“Fan un labor impagable de gran nivel”, dixo Pablo Núñez, de Cobre San Rafael

Ribeira. O director de Amicos, Xoán España, dixo que o apoio de Cobre San Rafael “é unha aposta pola formación das persoas con discapacidade para acadar un emprego”.

Pola súa banda, Pablo Núñez, director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael, amosouse “orgulloso de estar aquí apoiando á asociación Amicos” e describiu o labor da entidade como “impagable e de primeiro nivel”.

Asimesmo, explicou que “temos implantado no noso ADN o coidado, a sustentabilidade e a recuperación medioambiental e, por iso, encaixamos perfectamente no que pretendemos nós e o que está realizando Amicos”.

Na presentación da alianza de Cobre San Rafael tamén estivo presente Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, quen agradeceu a Amicos que continúe facendo “un labor excepcional”.

José Manuel Ramos, un traballador das ecobrigadas, quixo dar as grazas a empresas como Cobre San Rafael “por darnos a oportunidade de traballar e axudarnos a insertarnos na sociedade”. s. s.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.