Concellos
Dous colectivos e cinco veciños e veciñas presentaron os seus beléns ao certame organizado polo Concello, e que reparte 325 euros en premios TEXTO María Rendueles

Valga recoñece a montaxe e a orixinalidade de sete nacementos

  • 06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Na Avenida da Coruña, a asociación de Mulleres Rurais Albor presentou un belén feito artesanalmente por Sonia Carbia. A vintena de figuras que o compoñen están creadas con vidros de cores ensamblados coa técnica Tiffany. A asociación Asdivalu presentou un pequeno nacemento feito tamén de xeito artesanal polos usuarios do CODI con barro negro.

Os cinco beléns restantes son de veciños. Francisco Barreiro, do Sixto, cas súas netas, montou no xardín da súa casa un nacemento con 70 pezas de barro e cortiza e un estanque con peixes vivos. En Cotriños, o pequeno Hugo Vilas colaborou na confección dun belén dunhas 200 figuras, algunhas con movemento.

En Beiro, Saray Vilas López volveu cunha orixinal disposición, con parte do belén repartido entre o tronco e as pólas dunha árbore. A súa veciña Catalina del Pino López deseñou un no que incorporou detalles propios, como a súa vivenda ou tradicións galegas como a matanza do porco. A lista complétase con José Otero Buceta, de Laxes, cunha montaxe duns 12 m2 de superficie na que colocou máis de 150 pezas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.