Concellos
A cativada do municipio pode escoller entre o Ludoverán do Concello, os campamentos de Amabul, do Club Olímpico ou da ANPA do colexio de Ortigueira // Arte, cultura, medio ambiente e actividades deportivas están moi presentes nestas propostas que a vila brinda durante a época estival TEXTO C. Estévez

Vedra, un concello para conciliar

  • 31 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

As familias vedresas son dende logo afortunadas por contar durante o verán con múltiples iniciativas de conciliación. E é que Vedra é un municipio cun amplo abano de actividades destinadas aos pequenos durante o período estival. A colaboración entre o Concello e as asociacións é unha peza fundamental desta oferta á que se suma a propia ludoteca municipal de verán.

A ANPA do CEIP de Ortigueira organiza desde fai anos Acamparte, unha proposta para a que o colexio cede en xullo as súas instalacións. Sempre está dedicado ao mundo das artes e da cultura e cada semana céntrase nunha distinta. As artes escénicas, a pintura ou a escultura serven de guía para a programación de actividades. Cada semana planifícanse ademais saídas á piscina ou a área recreativa de Agronovo.

Como remate dun mes tan intenso, o colexio acolle unha acampada nocturna que sempre é a máis agardada, con nenos e nenas que en moitos casos nunca durmiran fóra da casa. Fai tempo que Acamparte deixou de ser só unha opción para alumnos e alumnas do CEIP Ortigueira. Este ano tiveron case cincuenta inscricións das que en moitos casos repiten a experiencia cada mes de xullo. Son precisamente os que volven os que máis axudan ás monitoras e monitores a ensinar aos que chegan como se fan as cousas e como hai que comportarse, o que consegue converter ao grupo nunha auténtica familia.

A escola medioambiental que organiza o colectivo Amabul acolleu en xullo a máis de corenta nenos e teñen un número similar para agosto. Sempre vinculada á sustentabilidade e ao medio ambiente, recibe a nenos de varios concellos limítrofes ademais dos vedreses.

Todas as actividades realízanse ao aire libre e este ano centráronse en moitos coñecementos básicos: desde como se constrúe unha vivenda ata como se fai e se coida unha horta. Coñecementos que hai unhas xeracións todo o mundo tiña claros e que se foron perdendo. O seu traballo cobrou importancia tras a pandemia pola desconexión que os rapaces tiveron da natureza. Neste caso a iniciativa continúa en agosto.

Se as artes ou o medio ambiente non son suficientes, sempre queda o deporte. O Club Olímpico de Vedra leva 17 anos colleitando éxitos e de feito vén de conseguir o subcampionato nacional de acuatlón en categoría élite. E neste verán, por segundo ano consecutivo, organizan o seu propio campamento, que ten como actividades principais as probas deportivas. Reciben tamén a nenos e nenas doutros concellos e este ano volveron superar os cincuenta participantes.

Aínda que as súas especialidades, como o duatlón ou o triatlón, son a base do campamento, os cativos coñecen outros deportes, como o bádminton, o fútbol ou deportes acuáticos na piscina municipal. Este ano ademais fixeron un pequeno tramo da Vía da Prata. Durmiron no Monte do Gozo e chegaron a Compostela ao día seguinte. O Concello aporta o seu gran de area á conciliación a través do seu Ludoverán, co que preto de 40 familias gozan dunhas mañás lúdicas diferentes. Esta proposta continúa tamén.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.