Concellos

Vimianzo e Muxía levarán os seus manxares ao salón Xantar de Ourense

  • 07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Costa da Morte. Os concellos de Vimianzo e Muxía participarán no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense. O cociñeiro vimiancés Fabián Mouzo elaborará dous pratos: os callos da Faguía de Carnés e un pincho irmandiño, en relación ao Asalto ao Castelo. Ambas están recoñecidas como Festas de Interese Turístico Galego e a que conmemora a Revolta Irmandiña, o Asalto, cumpriu neste 2022 vintecinco edicións.

Pola súa banda, o Concello de Muxía estará representado pola Asociación do Percebe da Barca, que promoverá unha degustación o sábado, 12 de novembro, ás 14.00 horas no stand da Deputación coruñesa. Desde o Concello muxián aseguran que “é un privilexio que esta asociación represente a nosa vila a través da gastronomía e supón unha oportunidade para potenciar o turismo gastronómico ligado a un produto tan destacado como é o Percebe da Barca". M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.