Concellos

Vimianzo presume de castelo vivo e creativo coa artesanía como bandeira

  • 10 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Terra de Soneira. O castelo de Vimianzo reafirmase como o epicentro cultural da Terra de Soneira. A Mostra de Artesanía en Vivo está a ser, un ano máis, un dos grandes reclamos dun castelo creativo. Este sábado tivo lugar a inauguración do programa de obradoiros, cunha clase maxistral do artesán Chema Suárez, que ensinou a veciños e visitantes a elaborar maquetas a escala de barcos e nasas.

A vindeira cita será o día 16 co taller Moldea co barro, no que os participantes poderán descubrir os segredos da olaría de Buño, da man dos oleiros do Obradoiro Cambón. A cita é ás 11.00 horas e os interesados poden inscribirse a través da web vimianzo.gal/turismo. O día 23 de xullo, a xalleira Eshter Ferreiro ensinará as técnicas do soplado de vidro, e o día 30 as encaixeiras da Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas protagonizarán unha panillada tradicional, a partir das 17.00 horas.

En agosto, a Asociación de Veciños O Santiaguiño, de Carreira (Zas) amosará o labor do tecido do liño (día 6), e a Asociación Arte en Palla, de Baíñas, ensinará as técnicas desta modalidade artesanal (día 13). O día 20 haberá un novo taller de barro cos oleiros do Obradoiro Lista, de Buño, e o mes pecharase cun obradoiro de encadernación da man de Aspadex (día 27). En setembro, haberá un obradoiro de encaixe (día 3) e un desfile de moda en liño (día 10). M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.