Concellos

Zas adica a praza de Baio ao catedrático, investigador e divulgador Jorge Mira

  • 01 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Baio. A nova praza de Baio pronto pasará a chamarse oficialmente Praza Jorge Mira Pérez despois do acordo ao que chegaron os dous grupos que forman a Corporación municipal do Concello de Zas: o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular. A proposta farase oficial na próxima sesión plenaria. Segundo Óscar Lema, portavoz do BNG, e o seu homólogo do PP, David Gómez, a elección do nome está motivada polas cualidades humanas e polo exitoso currículo de Jorge Mira quen, “ademais de ser veciño de Baio, sempre presume da súa vila e do seu concello nos múltiples actos institucionais nos que participa”.

Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago. Tamén é investigador, divulgador científico e membro da Real Academia Galega, e ten unha gran infinidade de destacados premios.

“Teño máis de corenta premios a nivel nacional pola miña carreira profesional, pero isto é moi distinto a todo; é a cousa máis impactante da miña vida académica”. Así se manifestaba Jorge Mira tras coñecer este recoñecemento do seu concello. “Isto é algo que vai estar comigo sempre”, engadiu. Di estar “infinitamente agradecido” e recoñece que “sempre levo a Baio marcado na fronte”. Respecto ao seu currículo, asegura que “o meu traballo académico, que quizáis este eclipsado pola faceta mediática, é o froito dun labor de equipo de xente moi boa”. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.