Deportes

A SD Dubra celebrará o martes día 6, por fin, os seus 50 anos de historia

  • 01 dic 2022 / 00:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

aniversario. O próximo martes día 6 de decembro a Sociedade Deportiva Dubra celebrará os actos do seu 50+2 anos de historia. A chegada da covid non deixou que este club e os seus siareiros poideran celebrar, como ben se merecían, o seu 50 aniversario.

Ahora con dous anos de retraso, o martes ás 14:00 horas no Polideportivo Municipal de Bembibre festexarán este fito cunha comida de confraternidade.

Todo aquel que queira acudir á comida, sexa veciño, socio, amigo ... aínda pode adquirir o seu ticket ata o domingo a través de calquera membro da directiva.

Tal e como sinala a SD Dubra nun comunicado, ”será un acto ameno e de amizade onde poder reencontrarse con antigos compañeiros de equipo e contar as batallas dos momentos de gloria e incluso de sufrimento deportivo. Momento tamén para recordar a todos os que loitaron e formaron parte do proxecto e ahora xa non están”.

A SD Dubra naceu oficialmente o día 8 de decembro do ano 1970, das inquedanzas dos veciños deste pequeno concello, situado preto da capital galega, que xa dende anos antes era aficionado do deporte do esférico pero non foi ata esta data na que oficialmente foi equipo federado. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.