Deportes

Aprobado o convenio para renovar a pista de atletismo do Campus Vida

  • 27 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

REFORMA A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria celebrada onte, aprobou o convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela para a renovación e acondicionamento da pista do estadio de atletismo situada no Campus Vida.

O executivo aprobou tamén o gasto que lle corresponde á entidade municipal por valor de 148.728, 60 euros. O orzamento global para o acondicionamento da pista de atletismo ascende a 495.761 euros, actuación que ten por obxectivo que “poidan seguir entrenando e competindo os nosos atletas tanto universitarios como non universitarios”, sinalou o rexedor municipal, Sánchez Bugallo. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.