Deportes

Arzúa e Compostela, rivais hoxe na nova fase galega da Copa RFEF

Oito equipos participan nesta competición que terá a súa final o 28 dese mesmo agosto

  • 14 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Oito equipos participan na fase autonómica da Copa RFEF (Real Federación Española de Fútbol), unha competición queabre o seu calendario coa participación de oito equipos nesta fase autonómica. Toca lembrar que poden participar equipos de Segunda e Terceira RFEF.

A competición disputarase durante a segunda mitade desteagosto en base ao seguinte calendario, tendo estas parellas de rivais Arzúa e Compostela (hoxe na terra do queixo ás 20 horas); e Silva e Villalbés.

Deses partidos sairá unha parte do esquema deste torneo que na outra beira do cadro conta conta estes emparellamentos: Rápido de Bouzas e Arenteiro; máis Estradense e Arousa.

Est competición galega, vai continuar o vindeiro domingo 21 de agosto coas xornadas das respectivas semifinais e cunha final o día 28, data elixida para coñecer o equipo campion da fase autonómica galega da Copa RFEF.

O Compostesla adestrado polo coñecido Fabiano Soares conta con xogadores como Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan,u Parapar e Darío Germil (chegou fai pouco despois da saída de Pablo Durán). REDACCIÓN

Tema marcado como favorito