Deportes

Bo papel de Guillermo García e Raúl Casalderrey na crono do Nacional

Os dous ciclistas galegos entraron entre os quince primeiros na categoría sub-23

  • 19 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Galicia abriu os Campionatos de España de Estrada 2021 na provincia de Alicante cunha dobre representación na proba contra o reloxo individual na categoría sub-23 na que Guillermo García asinou un 14.º mellor rexistro e Raúl Casalderrey, o 15.º.

Trinta corredores tomaron a saída no percorrido de 24,6 quilómetros. No punto intermedio (km 12,5) os dous galegos marcaron un rexistro de 16 minutos e 47 segundos, unha igualdade que non se mantivo na liña de meta, onde García detivo o reloxo en 33:42 e Casalderrey, en 33:52. Igor Arrieta (Navarra) fíxose co título sendo o único participante que baixou da barreira dos 32 minutos (31:57).

García e Casalderrey volverán competir este sábado na carreira en liña (dende as 16.30 horas) e compartirán equipo con Alejandro Paz, Manuel Rodríguez, José Carlos Trillo, Yago Lorenzo, Ángel Maneiro e Andrés Taboada. Esta proba de fondo en La Nucía terá un percorrido de 133,4 km. No trazado destaca o Alto de Turrón Duro, un porto de case 5 km de lonxitude cun desnivel medio do 8,1% que se ascender en tres ocasións.

Éxito do Rías Baixas. Noel Martín non baixa dos grandes podios e, seis días despois de proclamarse campión do mundo de tándem en Portugal, o ciclista abulense que milita no Vigo-Rías Baixas acadou en Busot (Alicante) a medalla de plata Élite na contrarreloxo individual (CRI) do Campionato de España.

Este é o segundo metal que logra na súa historia a entidade que preside José Luis Chamorro na gran cita nacional do ciclismo en estrada. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.