Deportes

Catro metais para as promesas galegas no Nacional de lanzamentos

  • 22 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ATLETISMO Os atletas galegos completaron un espectacular Campionato de España de lanzamentos longos de menores en Castelló. A expedición autonómica acadou catro medallas e tres postos de finalistas colocándose así entre os mellores especialistas do país na procura de bos rexistros.

No apartado de preseas, novamente Irene Gómez volvía amosar a súa importante progresión. A atleta sub-20 é un claro referente de futuro inmediato, pois a campioa de España sub-20 e prata no nacional longo de inverno, melloraba en catro centímetros a súa marca persoal chegando ata os 55.42 m, quitando preto de catro metros á segunda clasificada.

Por outra banda, María Pena do A.F.Celta confirmaría o seu excelente nivel no concurso de xavelina sub-20 ao lograr unha fantástica medalla de prata cun mellor lanzamento de 43.59 m. O concurso cargado de moitísima emoción e calidade tivo que agardar ata o último intento da galega para que, dun formidable trallazo, se puxera no podio e xa de paso mellora en practicamente metro e medio a súa marca persoal do 2019.

Ademáis, Nicolás Ortega colgouse o bronce en disco sub-18 grazas ao seu mellor intento de 53.24 m. Excelente campionato para o coruñés quen mellora amplamente a marca de 49.93 m ca que se achegaba a esta cita e que pon en valor a súa excelente capacidade competitiva.

A última das medallas viría da man de Marta Neira do AVA quen fixo voar o martelo ata os 54.39 m para acadar con superioridade o título nacional sub-18. Con este posto, mellora o bronce do ano pasado. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.