Deportes

David Navarro presenta ‘O soño de Liam’ en Ames

  • 16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ÁS 17.30 HORAS O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle hoxe, dende ás 17.30 horas, a presentación do libro O soño de Liam escrito polo ex xogador do Monbus Obradoiro e agora nas filas do COB da LEB Oro David Navarro Brugal. A concelleira de Cultura acompañará ao autor nesta cita para falar dunha obra que recolle os soños e o espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto.

O acto encádrase dentro da programación especial que co gallo do mes do libro están levando a cabo as bibliotecas municipais de Ames.

David Navarro sitúa O soño de Liam no mundo do baloncesto que tan ben coñece para insistir que sexan cales sexan as arelas dos rapaces sempre se poden acadar pero é preciso para iso traballo e afán de superación. David Navarro, pai de tres cativos, pese a deixar este verán o clube compostelano segue a vivir en Ames de ahí o desexo de presentar este ilusionante proxecto persoal os seus veciños. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.