Deportes

Galicia xa coñece aos seus posibles rivais na fase final da Copa das Rexións UEFA

  • 11 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

FÚTBOL. Galicia xa coñece aos seus posibles rivais na fase final da Copa das Rexións UEFA. Lisboa foi a última selección en asinar o billete para loitar polo título tras liderar o seu grupo no que tamén estaban Kolos Cherven (BLR), Tampere (FIN) e o Kayseri turco. Así, a Selección Galega, clasificada o pasado mes de outubro tras superar a Pest (Hungría), Ginebra (Suiza) e Ljubljana (Eslovenia), terá como posibles rivais, ademais de Lisboa, a Bavaria (Alemania), Belgrado (Serbia), Dolny ŚSlask (Polonia, vixente campión), República de Irlanda, Zenica-Doboj (Bosnia-Herzegovina) ou Zlín (República Checa). A fase final terá lugar nas dúas últimas semanas de xuño nunha sede aínda por determinar. A última parte do torneo dividirá aos oito clasificados en dous grupos de catro selecciones. As campioas dos mesmos xogarán a gran final da Copa das Rexións. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.