Deportes

“Hai tempo xa que non miramos a clasificación”

  • 05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O capitán do Jerubex Santiago Futsal, Dani Blanco, rí cando se le di que é “un dos vellos” do plantel. Ten 27 anos e é voz autorizada no vestiario. Nun ano moi difícil, man tén viva a esperanza da permanencia do equipo na Segunda División nacional do fútbol sala.

¿Cál é o pensamento agora na plantilla, cómo está a súa moral, cómo de lexo ou de cerca ve acadar a permanencia?

Eu realmente ao grupo estou recalcandolle o mesmo desde hai semanas, desde antes de empezar a gañar partidos penso que vimos nunha dinámica moi boa en canto a xogo, antes non en canto a resultados. Eu intento facerlles ver desde ese momento que non podemos mirar a clasificación. Ao final, temos que mirar ao seguinte partido, neste caso Colo Colo (Full Energía Zaragoza, mañán) e nada máis; pero se nos poñemos a centrar na clasificación e demáis historias é cando non imos saír de aí. Non podemos deixarnos ir.

É dicir, a principal cousa que mudou nos últimos tempos, case nas dúas ou tres últimas xornadas, foron os resultados...

Si. Está claro que, obviamente, o nivel competitivo aumentou nestas xornadas: non imos mentir tampouco. Aumentou o nivel e por eso estamos conseguindo estos resultados. Pero a nivel mental estamos afrontando así os partidos desde hai bastante: esquecendo a clasificación, centrándonos únicamente no próximo rival e en nos mesmos, que ao final temos que mellorar nós, e nada máis. Ese é o camiño.

Pois imos ao próximo partido. Ollo co que di, que fala vostede cun maño. Ven o Colo Colo...

(ri) Si, perigoso. Nesta segunda liguiña, seguramente sexa o rival con máis pegada. É un equipo que baséase na calidade dos seus xogadores e que ofensivamente ten esa veteranía. Vainos obrigar a estar concentrados corenta minutos para contrarrestalos.

Ben. Pero non firma o empate o Santiago Futsal, agora mesmo só serven as victorias.

Está claro. Nós non saímos nunca a polo empate, nin facemos cálculos. Repito, eso é o que lles digo aos meus compañeiros, non sei se eles fanme caso ou non (ri), pero eu de verdade que non sei a cánto estamos da salvación, non teño nin idea: sie os puntos que levamos, porque por desgracia non é difícil sabelo, pero nada máis, non teño nin idea de cántos puntos teñen os rivais.

O feito de volver a Santa Isabel, con xente nas bancadas tras rebaixarse as restricións, supoño que agradécese.

Si, claro. Nós sempre nos sentimos moi arroupados pola afección, este ano está sendo moi difícil tanto para nós como para eles, que ven que non chegan os resultados e por riba non poden apoiar, levarnos cara arriba. Espero que a partir de agora vaia todo moito mellor e poidamos volver a contar co que para min é a mellor afección.

Están todos ben, salvo a baixa longa de Javi López. Nos últimos tempos non teñenen lesións, eso tamén mudou nestas xornadas e tamén é importante para soñar cunha remontada que sería épica.

Temos que tocar madeira, que ao final... penso que ao cento por cento debimos xogar o partido anterior, en Castellón, e o de Rivas. Nos demáis partidos non xogamos con toda a plantilla ao cento por cento, co que eso conleva: perder nivel nos adestramentos, eso vaite arrastrando, tes xente cargada pola acumulación de minutos... non quero que soe como escusa, nós fixemos os puntos que fixemos porque fixemos cousas mal, está claro. Pero si que son cousas que restan e que agora mesmo non temos ningún tipo de escusa: todo o que non sexa gañar partidos é cento por cento responsabilidade nosa.

Vostede ben, coa súa regularidade unha tempada máis. Chamáballe eu en broma o vello do equipo, pero non o é... Ten 27 anos.

(ri) Bo, un deles, son o terceiro que máis no equipo. Levo desde cadetes no Santiago Futsal, despois ao chegar a senior tiven algunha aventura por alí, pero levo bastantes anos no club.

E os que lle quedan. A ver se o equipo segue remontando.

Si, ogallá. A moral e o optimismo está dentro do grupo, está claro, e por nós non vai quedar.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.