Deportes

Lete Lasa visita as obras de renovación do pavillón municipal da Sangriña

Lembrou o apoio do Goberno galego ao equipo de balonmán feminino, que “leva anos facendo historia”

  • 03 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu onte á xornada de portas abertas da obra de renovación do pavillón municipal da Sangriña, unha actuación que conta cun orzamento de 1,87 millóns de euros dos que a Xunta achega un total de medio millóns de euros. Lete Lasa celebrou que esta actuación estea a piques de rematar xa que a situación do Mecalia Atlético Guardés, precisaba unha resposta inmediata. Neste sentido lembrou o apoio do Goberno galego ao equipo de balonmán feminino que “leva anos facendo historia no ámbito nacional e internacional”. Cómpre lembrar que a Secretaría Xeral para o Deporte asinou e executou ata tres convenios de colaboración co Concello da Guarda en 2021 para a realización de obras en instalacións deportivas, tendo como obxecto dous deles o pavillón da Sangriña. En total, a instalación dun tratamento térmico (95.925,77 euros) así como un video marcador (24.000 ) para o devandito pavillón e a substitución do material de cuberta e pintado do exterior do club de remo Robaleira (29.383 ), supuxeron un investimento de 150.000 euros (149.309), sendo achegado pola Xunta o 81%. ECG

Tema marcado como favorito