Deportes

Lete ve na Copa da Raíña “a gran festa nacional do deporte feminino”

Presenta o secretario da Xunta a cita do volei, en Lugo dos días 11 ao 13 de febreiro

  • 19 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou onte, acompañado polo delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, a XLVII Copa da Raíña de Voleibol que enfrontará do 11 ao 13 de febreiro no Pavillón Municipal de Lugo aos seis mellores equipos de España: Gran Canaria Urbaser, CV Kiele Socuéllamos, Sanaya Libbys La Laguna, DSV Sant Cugat, Osacc Haro Rioja Vóley e o Arenal Emevé como anfitrión da competición.

Lete destacou o gran traballo en prol do deporte que fai o Emevé, que naceu no ano 1983 e que na actualidade conta cos seus dous equipos absolutos -masculino e feminino- nas máximas categorías nacionais. Lembrou que as siglas do club significan El Mejor Equipo de Voleibol de España e a familia Bouza non estaba moi equivocada xa que o ano pasado o Emevé disputou o I Torneo Internacional de Voleibol Feminino Xacobeo 21-22 como o único club do noroeste peninsular. O mandatario galego asegurou que este torneo, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, “terá novas edicións nas que o Emevé será sempre un candidato”. E aseverou que eventos desta índole contribúen ao incremento das licenzas deportivas: dende 2009, as licenzas galegas de voleibol medraron un 51% ata acadar preto de 3.500, e as femininas, o 71% do total, subiron aínda máis, un 59% ata preto de 2.500.

De seguro que, tras esta Copa da Raíña que será a “gran festa nacional do deporte feminino”, moitos nenos e nenas quererán imitar a Yael Castiglione ou Ainara Burgo. Pero tamén, dixo, é importante que moitas mulleres e homes queiran imitar a dirixentes como Bibi Bouza, “que se dedica en corpo e alma a este equipo e cada día recolle froitos do seu traballo”. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.