Deportes

López Sheriff e Vieiro, mellores deportistas de Santiago en 2020

O Auditorio de Galicia acollerá o luns a V Gala para distinguir aos premiados en doce categorías

  • 17 mar 2021 / 19:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago festexará o vindeiro luns a súa V Gala do Deporte, un evento xa consolidado que serve de homenaxe e de recoñecemento aos principais actores do tecido deportivo da capital galega. O acto terá lugar no Auditorio de Galicia a partir das 19.30 horas, e designará aos mellores durante a tempada 2019/20 ou o ano natural 2020. Esther Pedrosa, concelleira de Deportes, e Manuel García Reigosa, integrante do comité avaliador, deron a coñecer este mércores os vencedores nesta edición dos Premios Santiago Deporte.

Na categoría absoluta os gañadores son a judoca Estrella López Sheriff, nacida en Madrid pero afincada en Santiago dende hai anos, e o marchador Roberto Vieiro, integrante do Club Atletismo Santiago. A primeira acadou no pasado ano o bronce europeo, mentres que o segundo foi subcampeón de España sub-20 nos 10 km marcha e campión galego absoluto na mesma distancia.

A atleta Ainoa Gontán e o ximnasta Ismael Navaza son os mellores deportistas de base; a SD Compostela, mellor entidade logo do seu ascenso a Segunda B; Chiqui Barros o adestrador máis destacado tras subir á Liga Femenina-2 de baloncesto co Ulla Oil Rosalía; Iris Díaz, mellor árbitra; Jerubex é premiado como patrocinador; ADB Fontiñas, no apartado de actividade ou acción social; Jonatan Barral no deporte adaptado; a Universidade de Santiago como entidade educativa; e Roberto Peñamaría será distinguido co premio honorífico á traxectoria deportiva, cunha mención especial ao Obradoiro CAB polo seu cincuentenario e a todo o deporte santiagués pola súa dedicación durante este ano pandémico.

Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.