Deportes

Melide prepara unha xornada dedicada ao 3x3

  • 01 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Concellería de Deportes de Melide organiza o I Torneo de Baloncesto 3x3 Basket na Rúa, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de xullo de 9.00 a 22.00 horas no parque Rosalía de Castro.

A inscrición, totalmente gratuíta, xa está aberta a través da app Sporttia ou do teléfono 620 605 781, do departamento de Deportes do Concello que dirixe o edil José Antonio Prado.

A falta de determinar o formato, garántese un mínimo de oito partidos de dez minutos cada un para cada equipo. Estes poderán ser mixtos e deberán contar cun mínimo de tres integrantes e un máximo de cinco. REDACCIÓN

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.