Deportes

O Campionato galego BTT Maratón busca campións dous anos despois

A disputa da Viveiro Bike Xtreme este sábado porá en xogo as coroas autonómicas

  • 15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Cros Country Maratón (XCM) terá novos campións galegos a partir deste sábado. Trala suspensión da edición de 2020 pola covid, coa disputa da Viveiro Bike Xtreme poranse en xogo as coroas autonómicas. O desafío organizado pola Peña Ciclista Lar Viveiro arrincará ás 10.00 horas dende a Praza Pastor Díaz e presenta un percorrido de 65 quilómetros con 2.500 metros de desnivel positivo acumulado.

Preto de 200 bikers, entre os inscritos no Campionato e nas dúas marchas cicloturistas, pedalearán polos montes da Mariña Lucense nunha cita que mudou de datas pola convocatoria dunha manifestación baixo o lema Futuro para A Mariña.

Malia estes contratempos, o Campionato de Galicia XCM volve a escea 28 meses despois. A súa anterior edición viviuse na Lalín Bike Race do 2019, unha proba que tamén exercera de clausura do Open de España. Naquela ocasión fixéronse coas camisolas autonómicas Lara Lois e Brandán Márquez en elites, Silvia Blanco e Fernando Guerra en máster-30, Ana González e Alejandro Trasbach en máster-40 e Francisco Xavier López na categoría dos máster-50.

O BTT Maratón galego, que esta temporada logrou nove medallas no Campionato de España, rexurdiu neste 2021 ao recuperar tamén a Copa Galicia. O certame constou de catro citas na que destacaron Rebeca Muñoz (Ribadumia) e Alberto Alanís (Burgas Bike), presentes en Viveiro. REDACCIÓN

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.