Deportes

O III Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, mañá con 343 inscritos

Malia a pandemia, a participación non se resentiu respecto ás primeiras edicións

  • 19 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A terceira edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre celébrase este domingo 20 de febreiro, cunha boa participación malia sufrir un ano de parón pola situación epidemiolóxica: en total, 343 persoas inscribíronse na proba, con 256 dorsais na modalidade trail e outras 87 entradas para a andaina. O evento, organizado polo Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo, arrincará dende Ponte Maceira ás 10:00 horas e rematará no Real Aeroclub de Santiago .

A participación non se resentiu con respecto ás dúas anteriores edicións, celebradas en 2019 e 2020. As cifras son similares ás de 2020, cando participaran 380 persoas, e ás da primeira edición de 2019, na que realizaran o percorrido 328 deportistas.

A xornada comezará ás 8:30 horas, cando se poderán comezar a retirar os dorsais nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago, situadas na parroquia de Piñeiro. Dende esa mesma localización sairá un autobús rumbo a Ponte Maceira. Ás 10:00 horas sairán os participantes do trail, que percorrerán unha distancia de 15,2 quilómetros. Cinco minutos despois, os da andaina, que será algo máis curta, duns 14,2 quilómetros.

A partir das 12:30 horas terá lugar a entrega de premios no RealAeroclub. A proba de trail conta con cinco categorías de idade. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.