Deportes

Oitavo posto da selección galega no Nacional por Federacións

Destacou a actuación da atleta nicrariense Alba Cuns impoñéndose no concurso de triplo salto

  • 12 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A selección galega de atletismo acadou o oitavo lugar no Campionato de España de Federacións Autonómicas que se disputou durante a xornada do sábado na localidade catalana de L´Hospitalet.

O combinado galego sumaba un total de 196,5 puntos nun encontro dominado comodamente pola selección catalana, colectivo que se acabaría impoñendo cun total de 295 puntos.

Baixo un formato competitivo mixto obrigado polas circunstancias sanitarias, destacaron por parte galega os triunfos da atleta nicrariense Alba Cuns, quen lograba saltar ata os 12.94 metros (+2,8) que lle daban o primeiro posto na competición de triplo salto. De igual modo a principal favorita no concurso de xavelina, a cubana Yulenmis Aguilar, quen defendía as cores galegas, impúxose de maneira autoritaria con 58,03 metros.

Foron de igual modo notables o segundo lugar logrado polo velocista coruñés Mauro Triana sobre os 100 metros cunha marca de 10.58 e os terceiros postos de Edymar Brea sobre os 3.000 m, carreira que completaba en 9:19.08, así como o de Carlos Revuelta no lanzamento de martelo, chegando no seu cuarto intento ata os 61,21 metros.

O saltador marinense Jean Marie Okutu con 7,32 metros no foso de lonxitude e Carmen Escariz nos 5.000 marcha con 23:55.56 foron outros dos atletas con mellores prestacións nesta cita de L´Hospitalet, cos seus quintos postos, contribuíndo ao oitavo lugar da selección galega. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.