Deportes

Permitido o 30 % do aforo nas instalacións deportivas

  • 26 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

VOLVE O PÚBLICO O DOG publicou onte a Orde da Consellería de Sanidade na que se actualizan as medidas de prevención específicas contra a pandemia, entre as que se inclúe o regreso do público ós campos e pavillóns deportivos.

A Xunta recolle que a celebración de competicións deportivas poderá desenvolverse, sen superar o trinta por cento da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de

1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Ademais, co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas gradas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.

Tamén se insta a establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. Lóxicamente o uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénicosanitarias. Nos asentos preasignados, os asistentes tampouco poderán quitar a máscara.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de polo menos 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade.

Deberá existir tamén un minucioso rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.