Deportes

Pulpis e Venancio López visitan Santiago en xullo no I Congreso Internacional O Camiño do Futsal

    • 24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    cIDADE DA CULTURA. A sede en Santiago da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF albergou este xoves a presentación oficial do I Congreso Internacional O Camiño do Futsal, un evento de fútbol que vai facerse en Compostela os días 1 e 2 de xullo. Terá lugar no auditorio do edificio Fontán da Cidade da Cultura.

    Adestradores, seleccionadores, preparadores físicos, directores deportivos, antigos xogadores, árbitros e psicólogos, formarán parte do e cartel deeste congreso internacional.

    Así, nomes como Mico Martic (adestrador de Finlandia), Matías Lucuix (adestrador de Arxentina), Venancio López (director deportivo da Real Federación Española de Fútbol, RFEF, e adestrador no seu día do Autos Lobelle, en Santiago), Pep Marí (psicólogo deportivo) ou os galegos Bruno García e Jose María Pazos Pulpis (outro ex adestrador do Lobelle) subirán ao escenario para impartir docencia.

    Na presentación do evento estiveron presentes o presidente da RFGF, Rafael Louzán; o vicepresidente e máximo responsable do fútbol sala en Galicia, Pablo Prieto; varios membros da Xunta Directiva da RFGF; o presidente do Comité Nacional de Adestradores da RFEF, David Gutiérrez “Guti”; o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor; o xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte na provincia da Coruña, Roberto García; o concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte; e varios representantes dos patrocinadores do congreso. Este acto de presentación do I Congreso Internacional O Camiño do Futsal contou con dous embaixadores: Jorge Braz (campión do Mundo e de Europa con Portugal) e la lenda do fútbol sala mundial, Paulo Roberto, que fixeronun debate. REDACCIÓN

    Tema marcado como favorito