Deportes

Título galego e récord do júnior Alberto Rodríguez

  • 05 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

HALTEROFILIA O amesán Alberto Rodríguez, haltera de vinte anos de idade natural de Milladoiro, revalidou no mes de outubro o seu título de campión galego júnior en levantamento ata 73 quilos. O deportista de Ames repetiu o entorchado do ano pasado, o que lle permitiu tamén participar no Campionato de España júnior que tivo lugar na Coruña. Alí, Rodríguez concluíu no quinto posto, tamén por segundo ano seguido, e fíxoo con récord galego da súa categoría: 102 quilos en arrancada, 125 kg en dous tempos e 227 en total olímpico. ECG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.