Deportes

Xosé Piñeiro, ás portas de Tokio 2020 como adestrador de Garrido

  • 17 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Á espera da confirmación oficial pola IWASF, o mestre de esgrima compostelano Xosé Piñeiro acompañará á tiradora bilbaína Begoña Garrido nos Xogos Paralímpicos de Tokio.

Hai xa case catro anos que o santiagués incorporouse como adestrador ao Valladolid Club de Esgrima e comezou a adestrar a Begoña Garrido para afrontar o periplo olímpico. A tiradora, que xa estivo a piques de pasar o corte para Río 2016, quedou en postos de clasificación olímpica o ano pasado cando se suspenderon todas as probas internacionais. Agora este atraso do Europeo de Eger (Hungría) e da Copa do Mundo de Brasil ata decembro, deixan á deportista, a falla da confirmación oficial pola Federación Internacional de Deportes Adaptados (IWASF), en postos clasificatorios para acudir a Tokio 2021 e a Xosé Piñeiro preseleccionado polo Comité Paralímpico Español para acompañala.

Un merecido premio para un histórico deste deporte en Galicia e o principal difusor da esgrima deportiva en Compostela. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.